Podes conectar a esta carpeta a través das seguintes direccións co navegador de ficheiros do teu sistema operativo, sempre e cando estés conectado á rede do centro ou á VPN. A forma de conectar depende do sistema que utilices:

  • SSH (Gnome/gvfs)
  • SMB (Gnome/gvfs)
  • SMB (Windows)

Carqueixa é unha aplicación web para acceder ó almacenamento remoto do centro. Ademáis, permite crear carpetas compartidas con outros investigadores.

As operacións sobre os elementos de cada directorio son accesibles dende o menú principal. Para realizar algunha das operacións sobre os elementos é necesario seleccionalos. Unha vez seleccionados, as operacións tamén estarán dispoñibles no menú contextual da páxina.

  • Escape: Borra a selección actual.
  • Suprimir: Elimina os elementos seleccionados.
  • Inicio: Elimina os elementos seleccionados.
  • F2: Edita o nome do elemento seleccionado.
  • Ctrl + x: Move os elementos seleccionados ó clipboard.
  • Ctrl + c: Copia os elementos seleccionados ó clipboard.
  • Ctrl + v: Pega os elementos seleccionados no directorio actual.
  • Flecha arriba: Selecciona o elemento anterior (Pódese combinar coa tecla Shift para engadir o elemento anterior a selección).
  • Flecha abaixo: Selecciona o elemento posterior (Pódese combinar coa tecla Shift para engadir o seguinte elemento a selección).

Para crear carpetas compartidas emprégase o botón Compartir carpeta do menú principal.

O usuario que crea a carpeta compartida é o seu administrador. Só el pode eliminala e cambiarlle o nome. Para administrar as opcións da carpeta compartida débese acceder a 'Administrar carpeta compartida' no menú contextual da carpeta.

Calquera usuario pode abandonar unha carpeta compartida á que pertenza, para eso debe acceder a opción 'Abandonar carpeta compartida' no menú contextual da carpeta compartida que se desexa abandonar.

As carpetas compartidas tamén son accesibles a través de SSH ou SMB/CIFS na rede do centro ou usando a VPN. Para ver a ruta que se debe utilizar, selecciona a opción 'Conexión por SSH ou SMB' no menú contextual dunha carpeta compartida.

O menú lateral contén información das cotas de disco do usuario e do contido do directorio (ou búsqueda) que se está a mostrar. En este menú tamén se atopan os botóns que permiten mostrar esta axuda e saír da sesión iniciada no servidor.

O menú lateral pódese minimizar co botón . Unha vez minimizado, aparecerán no lateral da páxina unha serie de botóns que permiten acceder as funcións do panel lateral (a información mostrarase en ventás emerxentes sempre e cando sexa necesario).

Usuario

> ...